Domingo gris e de chuvia en Compostela
08:00 31/10/21
08:00 31/10/21
As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 13 e os 16 graos
Durante o domingo unha fronte afectará a Galicia traendo chuvias de carácter localmente fortes. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do sudoeste fortes pola mañá en xeral, diminuíndo en intensidade progresivamente.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en descenso lixeiro.