A Gala aRi[t]mar chega ao Auditorio de Galicia
A gala presentouse este martes no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, e contou coa presenza de Guadi Galego, premio á mellor canción en galego 2020. No acto tamén participaron o secretario xeral de Política Lingüística, o concelleiro de Políticas Lingüísticas de Santiago e o subdirector xeral de Cooperación Transfronteiriza da Xunta. A entrega de premios, organizada pola EOI, terá lugar este mércores 27 de outubro, a partir das 20.30h no Auditorio de Galicia. Serán 90' de espectáculo con actuacións en directo, nunha gala presentada por Lupe Blanco e Vicente Mohedano. As entradas para asistir ao evento son de balde previa reserva, e están dispoñibles desde este luns na web de Compostela Cultura.
Nun acto celebrado no pazo de San Roque, de Compostela, sede de Política Lingüistica, o secretario xeral, destacou o labor deste proxecto didáctico cultural da EOI de Santiago, que vai xa pola súa VI edición. Valentín García destacou o protagonismo claramente feminino entre as persoas premiadas e parabenizou a Guadi Galego, que estivo presente como gañadora na categoría de mellor canción 2020 por «Cólico», do seu último traballo Costuras.
Tamén quixo felicitar persoalmente a artista de Cedeira o concelleiro de Políticas Lingüísticas de Compostela, Rubén Prol, que definiu aRi
Pola súa banda, o subdiretor xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza, Xosé Lago, asegurou que entre os seus obxectivos están o de cooperar e afondar nos lazos entre Galicia e o Norte de Portugal. «Se hai algunha vía que nos pode unir é todo o relacionado coa música e a poesía», dixo animando a asistir á gala de entrega de premios, que definiu como «distinta á gala de premios ao uso, moito máis entretida».
Desde a organización do certame, o director da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela, destacou a alta participación nesta edición, con máis de 5.000 votos emitidos. Gonzalo Constenla explicou que a entrega de premios se desenvolverá este mércores, 27 de outubro, no Auditorio de Galicia a partir das 20:30h. Será nunha gala progatonizada polas persoas premiadas, con actuacións en directo, e presentada por Lupe Blanco e Vicente Mohedano. Terá unha duración de 90' e incluirá vídeos das músicas e poemas galardoados nesta nova edición de aRi
As entradas para asistir de balde a este espectáculo están dispoñibles, baixo reserva, na web de Compostela Cultura. Guadi Galego, que quixo apoiar este proxecto e estar tamén na presentación, asistirá e actuará no espectáculo previsto para este mércores. «Eu no meu disco