miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cortes de tráfico no ámbito do Orbital, na rúa do Pexigo de Abaixo e na travesa de San Pedro

Cortes de tráfico no ámbito do Orbital, na rúa do Pexigo de Abaixo e na travesa de San Pedro
Cortes de tráfico no ámbito do Orbital, na rúa do Pexigo de Abaixo e na travesa de San Pedro

Por mor de obras

- No marco das obras do Enlace Orbital (conexión da autopista AP-9 coa autovía A-54), a partir do 25 de outubro a vía que une o lugar da Sionlla de Arriba co lugar de Reboredo quedará pechada ao tráfico por mor dos traballos de ampliación do paso inferior da autopista. Desviarase a circulación pola única vía alternativa existente que une estes dous lugares, situada ao norte deste punto.

A duración estimada deste corte é de tres meses.

- Tamén a partir do luns 25 se pechará ao tráfico a rúa do Pexigo de Abaixo para proceder ás obras de canalización da fibra óptica por un período aproximado de tres semanas.

- Por mor da realización dunha acometida de saneamento por parte da empresa Viaqua, pecharase ao tráfico a travesa de San Pedro, que une a rúa do Medio coa rúa de San Pedro, dende as 9,00 ata as 12,00 horas do luns 25. Durante esas horas os vehículos entrarán e sairán á rúa do Medio dende o cruzamento coa rúa do Rosario. 

Comentarios
Lo más