miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rematan as obras das beirarrúas da avenida de Salamanca

Rematan as obras das beirarrúas da avenida de Salamanca
Rematan as obras das beirarrúas da avenida de Salamanca

caban de rematar as obras das beirarrúas da avenida de Salamanca, nas que se investiron sobre 40.000 euros e que permitiron, co arranxo das beiarrúas, mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil. As actuación realizadas explicounas, en rolda de prensa, o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández

O concelleiro indicou que a brigada de obras actuou sobre 1.368 metros cadrados. Os traballos realizados foron:


-A retirada das baldosas de 30 por 30 centímetros. Estaban moi deterioradas, algunhas faltaban, quedando á vista o óco co formigón, o que orixinaba importantes irregularidades; e outras estaban soltas. Substituíronse por un pavimento continuo de formigón armado desactivado para uso peonil, cun acabado moi similar ao xa existente noutras rúas da cidade, como son a rúa do Espírito Santo, rúa da Pastoriza ou rúa dos Basquiños.

-Realizáronse tamén diversas actuacións de mantemento sobre os bordes de granito das beirarrúas; tendo especial coidado co despece de xuntas, evitando fisuracións.

-Nas zonas onde había pasos de peóns, colocáronse pavimentos de lousa hidráulica gris, tanto direccional como con resaltos cilíndricos, tipo botón.

O responsable de Barrios e Obras engadiu que "aínda que non son grandes actuacións, si eran traballos que había que facer para incrementar a seguridade destas beiarrúas e da zona. E así nolo trasladou a veciñanza en varias ocasións". Esta actuación, que comezou no mes de xuño, "era unha prioridade; e debería ter continuidade coa dotación de recursos e a reurbanización de toda a contorna", engadiu.

Javier Fernández sinalou que foi posible realizar esas obras con fondos propios, "grazas ao traballo, tanto do departamento de Obras, como da brigada". Un labor que agradeceu, igual que o comportamento da veciñanza, sobre todo da avenida de Salamanca como de Concheiros, á que deu as grazas pola "súa comprensión e paciencia. Sabemos que as obras sempre ocasionan problemas e son molestas, pero estou seguro que paga a pena o esforzo. 

Comentarios
Lo más