miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 300 deportistas participan este domingo 24 na XX edición do Ciclocross Cidade de Santiago

Máis de 300 deportistas participan este domingo 24 na XX edición do Ciclocross Cidade de Santiago
Máis de 300 deportistas participan este domingo 24 na XX edición do Ciclocross Cidade de Santiago

O estadio Verónica Boquete acolle  este domingo, 24 de outubro, de 8.00 a 16.00 horas a XX edición do Ciclocross Cidade de Santiago, que presentaron en rolda de prensa a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o presidente da Federación galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

Este evento deportivo, "unha cita xa clásica na cidade", como indicou a concelleira, é a cuarta xornada puntuable autonómica da Copa Galicia de Ciclocross, tamén puntuable para a Copa de España. Está organizado polo Clube Ciclista Compostelano, en colaboración co Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Ciclismo.


Celebrarase no exterior do estadio Verónica Boquete de San Lázaro, nunha superficie de 15.000 metros cadrados que da cabida a un circuíto circular de 2.500 metros cadrados, ademais de a unha zona de aparcamento, á oficina permanente e á zona dos equipos.
Os máis de 300 participantes abarcan un rango de idade dos 14 aos 69 anos, sendo o rango máis numeroso o de 35 a 49. Vinte dos participantes atópanse entre os 50 e os 69 anos. Os deportistas proveñen das catro provincias galegas, de España e Portugal.

O ciclocross é unha disciplina ciclista, nacida a principios do século XX, que consiste en realizar un determinado número de voltas a un circuíto con tramos de asfalto, camiños, prados e terreos enfangados, e cunha serie de obstáculos (naturais ou artificiais) que deban obrigar ao corredor a baixarse da bicicleta para sortealos. Debido ás súas características dispútase unicamente no outono e inverno (a tempada profesional aquí en Galicia é de setembro a febreiro). 

Comentarios
Lo más