miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Piden ao Goberno local que mellore a sinalización do tránsito de peóns na avenida Xoán Carlos I

Piden ao Goberno local que mellore a sinalización do tránsito de peóns na avenida Xoán Carlos I
Piden ao Goberno local que mellore a sinalización do tránsito de peóns na avenida Xoán Carlos I


Para os Populares, a seguridade peonil nas proximidades desta estación de servizo, vese comprometida pola inexistencia de beirarrúa en dous puntos concretos, coincidentes coa entrada e saída de vehículos para a citada instalación




O Grupo Municipal Popular presentará un rogo, no vindeiro Pleno ordinario, para que o Goberno municipal advirta e sinalice, con marcas transversais descontinuas no firme e cunha advertencia vertical ou coa solución que se considere, o tránsito de peóns pola beirarrúa situada na Avenida Xoán Carlos I, nos accesos á estación de servizo alí existente.


Para os Populares, a seguridade peonil nas proximidades da estación de servizo, situada nesta avenida, vese comprometida pola inexistencia de beirarrúa en dous puntos concretos, coincidentes coa entrada e saída de vehículos para a citada instalación..


A zona presenta un elevado nivel de tránsito a pé ao supoñer un cómodo acceso para as persoas que desde o Ensanche, a través das rúas Rosalía de Castro e Rapa da Folla, se dirixen cara á Alameda, a través das escaleiras do Pilar.


Así, o Grupo municipal Popular subliña que o feito de que a beirarrúa desapareza en dous tramos, duns 15 metros cada un, afecta á seguridade dos peóns, posto que, ao non estar delimitada a zona de paso, os condutores non teñen ningún indicativo da súa existencia, podendo producirse situacións de perigo.


Para evitar iso, os Populares consideran que habería que sinalar este tránsito peonil para lograr unha maior visibilidade para as persoas que acceden no seu vehículo e, sobre todo, para aquelas que se vén na obriga de atravesar esta zona onde a beirarrúa non ten continuidade.


Esta circunstancia xa foi posta de manifesto no mandato anterior por este mesmo Grupo municipal sen que se tivera feito efectiva a delimitación deste paso e sen que, por fortuna, tivera acaecido ningún percance por este motivo.

Comentarios
Lo más