miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 800 mil euros para o selado e clausura do vertedoiro de Aríns

Máis de 800 mil euros para o selado e clausura do vertedoiro de Aríns
Máis de 800 mil euros para o selado e clausura do vertedoiro de Aríns

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, acordou   adxudicar o contrato de " Execución do proxecto de adecuación, selado e clausura do vertedoiro de Aríns", á empresa Explotaciones Gallegas S.L., por un importe de 842.424 euros, IVE incluido, ao ser a súa oferta a máis vantaxosa das presentadas.

O vertedoiro atópase en terreos municipais, no emprazamento da antiga mina de Fornás, da compañía Río Tinto, a uns 100 metros ao sur da aldea do mesmo nome, na parroquia de Aríns. A superficie do vertedoiro, máis áreas anexas é de 2,87 hectáreas. O obxectivo principal do selado é subsanar os riscos e efectos ambientais negativos producidos como consecuencia da antiga actividade.


Os criterios de actuación son os seguintes: illamento dos residuos acumulados; creación de capas de selado de maior estabilidade temporal, mediante taludes con pendentes adecuadas e bermas intermedias; control de augas superficiais para minimizar escorrentías ou fluxos descontrolados; control de calidade das augas subterráneas para evitar afeccións; facilidade de acceso; recuperación de calidade paisaxística e minimización dos posibles impactos ambientais. 

Comentarios
Lo más