Denuncian “a inexistencia de política turística por parte do Goberno local”
A concelleira Popular, María Antón, vaiainterpelar ao Goberno local no vindeiro Pleno ordinario, co fin de que explique a que se debe “odesleixodoGrupo de Gobernoporunsector que é importante para a cidade, tanto económicacomo socialmente”
A concelleira do Grupo Municipal Popular, María Antón, denunciou en rolda de prensa “a inexistencia de política turística por parte do Goberno local”, por isto o Grupo Popular o vai a interpelar no vindeiro Pleno ordinario, co fin de que explique a que se debe “o desleixo do Goberno municipal por un sector que é importante para a cidade, tanto económica como socialmente”.
“O abandono das políticas turísticas por parte do Goberno de Sánchez Bugallo é unha realidade notoria e palpable e son xa moitas as voces que escoitamos ultimamente facendo unha reflexión a este respecto, algo que o Grupo Popular vén denunciando desde hai tempo e que hoxe queremos volver a poñer de manifesto” subliñou.
María Antón remarca que o turismo “é un sector que ten unha gran repercusión na estrutura e na configuración da cidade e do que ninguén se está a preocupar, non hai modelo de cidade sen política turística e o Goberno municipal non ten nin modelo de cidade nin unha folla de ruta para o turismo de Santiago”.
Tal como indicou, a concelleira Popular é certo que se está traballando, desde o Comité Económico e Social na Axenda Urbana de Santiago, a Axenda 2030..., que aínda está na fase de diagnose, e “esperamos que se traballe con máis rigor do que fixo o Concello na diagnose para solicitar o Plan de Sustentabilidade Turística, polo que esta será unha das cuestións que lle preguntaremos ao concelleiro de Turismo”.
Como recordarán, Santiago presentou a súa candidatura á convocatoria do Goberno central para unha nova era de cooperación interadministrativa: o Programa de Plans de sostenibilidade turística en destinos, que naceu como unha das respostas á crise da COVID-19 e para retomar o mellor impulso de iniciativas anteriores onde Santiago xa tivera a experiencia por contar cun Plan de Excelencia Turística durante o período 2001-2005.
Antón Vilasánchez subliña que “esta candidatura foi apoiada sen fisuras pola Xunta de Galicia e polo Goberno central, porque a cidade de Santiago, afortunadamente pesa máis que o Goberno municipal do señor Bugallo”.
A Popular salienta esta circunstancia, porque o Plan de Sustentabilidade Turística carece de rigor na súa diagnose e, como consecuencia, moitas das accións propostas son xeneralidades que serven para Santiago ou para Murcia; outras accións son facer “plans de plans” e outras xa se atopan programadas en diferentes documentos do propio Concello, o que sinala que o Goberno local realiza “un xogo de trilerismo financeiro”.
“Un exemplo disto é o Plan de iluminación do patrimonio da Cidade histórica, que se presentou a principios do ano 2020 con moito boato polo señor Bugallo, como unha acción a realizar antes de que comezase o Ano Santo 2021, pero está claro que non está feito, nin por un lado, nin polo outro...”, insistiu.
María Antón subliñou que, “dende o Grupo Popular, en absoluta lealdade institucional, denunciamos este feito onde creriamos que debía facerse: no Consello de Administración de Incolsa, coa petición de que se corrixiran todos os erros, as eivas e que se abrira un proceso de diálogo participativo, non só para os grupos da oposición, se non tamén para o sector que foi alleo á formulación do plan e o sigue sendo.
Incolsa silenciada
Ademais, a Popular, durante a súa intervención, lembrou que este Concello ten dúas ferramentas para a gobernanza turística: a propia Incolsa e a Mesa Municipal de Turismo, que non foi convocada nin unha soa vez nestes dous anos do Goberno socialista.
Así mesmo, remarcou que o Goberno socialista só convoca ao Consello de Administración de Incolsa, onde estamos representados todos os grupos políticos, por cuestións ordinarias, sen debates de política turística e non se convoca desde o mes de marzo, incumprindo así, e non é a primeira vez, os propios estatutos da Sociedade Municipal, que mandan que o Consello de Administración debe reunirse, a lo menos, unha vez cada tres meses.
“Está claro que ao Goberno municipal lle incomoda a oposición e lle incomoda o Consello de Administración de Incolsa, entón, que futuro lle augura á sociedade, se o que debera ser un canle de debate entre as forzas políticas que os cidadáns elixiron non cumpre coa súa función, porque o Goberno o ten “secuestrado”, explicou.
A concelleira incidiu en que “o máis grave é que Incolsa tamén ten silenciados aos axentes económicos e sociais do sector do turismo e da cidade que forman parte da Mesa Municipal de Turismo que, como dicía antes non foi convocada nin unha soa vez, e que mellor momento que nunha crise como a que vivimos coa COVID-19, para abrir un diálogo construtivo polo turismo e a cidade.”
“Ao Goberno tamén lle vamos a preguntar por outras cuestións, como se se está facendo algo no ámbito da adhesión á rede de destinos turísticos intelixentes ou se o Goberno municipal vaia ter algunha estratexia para o Ano Santo do 2022, entre outras cuestións máis”, dixo.
Desde o Grupo Popular queremos transmitir a nosa preocupación pola desatención do Goberno cara ao sector do turismo e non imos a ser cómplices dun Goberno instalado na “prepotencia minoritaria” en Pazo de Raxoi.