miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A área sanitaria compostelá comeza a campaña de vacinación antigripal aos seus profesionais

A área sanitaria compostelá comeza a campaña de vacinación antigripal aos seus profesionais
A área sanitaria compostelá comeza a campaña de vacinación antigripal aos seus profesionais

Os puntos de vacinación serán os 76 centros de saúde e 4 hospitais da área

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza pon en marcha a campaña de vacinación antigripal aos profesionais dos seus centros sanitarios. Os puntos de vacinación son 76 centros amais de 4 dos seus 5 hospitais.


A partir de hoxe comezouse a vacinar aos profesionais e a partir do luns 25 de outubro ás persoas de 65 ao máis anos, así como as persoas institucionalizadas de maneira prolongada  (residencias de maiores e con discapacidade e traballadores destas institucións).

Dende o 15 de novembro vacinaranse as persoas de 60 a 64 anos, as persoas menores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e no puerperio, os prematuros de 6 meses a 2 anos, o persoal de servizos esenciais, o persoal de exposición laboral, e ademais, o persoal das oficinas de farmacia.

A campaña comeza hoxe e prolongarase até finais de decembro.

Resultados campaña anterior


O ano pasado vacináronse o 75% dos profesionais dos centros sanitarios da área de Santiago e Barbanza, e máis do 72% da poboación de 65 ou máis anos, uns 73.500 cidadáns pertencentes a esa franxa de idade. De 75 ou máis anos, vacináronse o 76%.

Comentarios
Lo más