Luz verde as obras o Camiño de Fisterra en Vilariño de Abaixo e no centro sociocultural de Villestro
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á licitación dos contratos para as obras de acondicionamento do Camiño de Fisterra en Vilariño de Abaixo (Quintáns-Villestro) e de mellora e acondicionamento do centro sociocultural de Villestro
LA Xunta tamén se deu a aprobación da licitación dos traballos de "Acondicionamento do Camiño de Fisterra en Vilariño de Abaixo (Quintáns-Villestro)" e de "Mellora e acondicionamento do centro sociocultural de Villestro", promovidos pola concellería de Medio Rural. Unhas obras que se enmarcan dentro do plan POS+ que desenvolve o Concello de Santiago en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña.
A actuación para o acondicionamento do Camiño de Fisterra ten un orzamento de 182.041 euros e un prazo de execución de cinco meses. O seu deseño tivo que coordinarse coa Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e coa Deputación Provincial da Coruña. Procederase, dentro dos terreos de titularidade municipal, ao acondicionamento dun tramo do Camiño de Fisterra ao seu paso polo lugar de Quintáns e tamén do camiño de Tras Igrexa; mediante a pavimentación con mestura bituminosa en quente e a mellora das marxes dos devanditos viarios e da súa rede de drenaxe de augas pluviais. De xeito complementario, ampliaranse as redes municipais de abastecemento e saneamento, e executarase a obra civil necesaria para o futuro soterramento das redes de alumeado público, enerxía eléctrica e telecomunicacións.
O acondicionamento de centro sociocultural de Villestro ten un orzamento de 63.326,80 euros e un prazo de execución de tres meses. Con estas obras resolverase as "lesións" detectadas na edificación, de forma que recupere as condicións mínimas esixibles de acondicionamento para o mantemento do seu uso actual en óptimas condicións como centro sociocultural. As actuacións consistirán na eliminación de humidades de filtración da cuberta, renovación dos acabados interiores deteriorados, illamento do cerramento exterior e supresión de pontes térmicas, substitución da carpintería exterior, revisión da instalación do ascensor e mantemento dos mecanismos das carpinterías interiores. Tamén se procecerá á pavimentación do camiño exterior de acceso peonil do edificio.