miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chega a chuvia a Compostela

Chega a chuvia a Compostela
Chega a chuvia a Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 12 e os 18 graos 

Unha fronte irase achegando a Galicia durante este día. Con esta situación, as nubes irán en aumento desde o oeste, con chuvias que comezarán a partir do mediodía polas comarcas atlánticas e iranse estendendo ao resto da Comunidade co avance da tarde. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso nas comarcas atlánticas quedando sen cambios no resto. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos durante o día, aumentando ao final da xornada no litoral atlántico.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións do sábado pola tarde ó domingo pola mañá e o domingo pola noite. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso notable e máximas sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más