miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Santiago lanza un servizo gratuíto de limpeza de pintadas nos elementos de carpintería dos edificios da cidade histórica

Santiago lanza un servizo gratuíto de limpeza de pintadas nos elementos de carpintería dos edificios da cidade histórica
Santiago lanza un servizo gratuíto de limpeza de pintadas nos elementos de carpintería dos edificios da cidade histórica

Co obxecto de combater o feísmo das pintadas e graffiti en portas, portalóns, fiestras e demais elementos de carpintería dos edificios da cidade histórica, o Concello de Santiago pon a disposición da veciñanza un servizo gratuíto de limpeza creado no marco dun proxecto de inserción laboral que presentaron esta mañá en rolda de prensa o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e o responsable do departamento de Emprego, Xavier Ferreiro. Estará en funcionamento dende o luns 18 de outubro ata o vindeiro mes de marzo.

O Concello, a través dun equipo integrado por cinco persoas, prestará axuda a aqueles propietarios ou comunidades de propietarios que queiran proceder á limpeza de pintadas e graffiti nos elementos de carpintería dos inmobles situados na cidade vella co obxectivo de eliminar o feísmo e de concienciar sobre a necesidade de manter coidada e limpa a cidade. "Actuaremos en dúas dirección, indicou o rexedor, desde disciplina urbanística para requirir que se faga a limpeza, e ofrecendo este servizo público gratuíto, que funcionará a demanda".


Procedemento para a solicitude
Quen queira solicitar o servizo, activo a partir do luns 18 de outubro, só ten que cumprimentar o impreso que se achega ao final desta información en nome da persoa propietaria ou da comunidade do edificio e envialo á dirección de correo electrónico limpezapintadas@santiagodecompostela.gal. Os empregados municipais procederán a inspeccionar o inmoble e posteriormente procederase á limpeza ou ao repintado cando as tintas ou producos químicos utilizados sexan difíciles de eliminar. O Concello tamén pon a disposición un teléfono móbil para calquera dúbida ou consulta: 618 509 278.

Con esta actuación sobre elementos privados, de carácter experimental, o Concello de Santiago pretende probar fórmulas alternativas á subvención directa para axudar as persoas propietaras de vivendas do casco histórico a limpar os edificios de pintadas e graffiti, coa finalidade, como indicou o responsable de Emprego, Xavier Ferreiro, "de loitar contra as pintadas vandálicas e conseguir que as persoas que realizan graffiti non continúen con esa práctica incívica".

Na actualidade, o Concello ten identificados nos edificios do casco histórico máis de 275 graffiti realizados en portas, portalóns, entradas de garaxes e ventás. "Animamos a cidadanía a que colabore para que a capital luza como o que é, unha cidade rebosante de patrimonio e atractiva para os seus veciños e visitantes", sinalou Ferreiro. O alcalde engadiu que, dado o tamaño do equipo, este servizo, que estará activo ata o mes de marzo, non pode abranguer toda a cidade, polo que se circunscribe á zona histórica.

O servizo forma parte dun proxecto de inserción laboral subvencionado íntegramente pola Xunta de Galicia con 80.000 euros. 
Comentarios
Lo más