Os pensionistas concéntranse este sábado en Compostela
Por un sistema de pensións público garante de suficiencia e por uns servizos públicos que aseguren o benestar e a tranquilidade das persoas maiores
Este sábado os pensionistas realizan unha concentración extraordinaria ás 12 no Obradoiro tal e como expoñen nun comunicado:
Cuestións fundamentais como a contía da pensión mínima, a blindaxe constitucional de pensións suficientes e o financiamento do sistema de pensións, cos orzamentos xerais se fose necesario, en base a unha redistribucións xusta da produtividade no sistema impositivo, seguen sen formularse na mesa de negociación.
Nin recollen moitas das nosas reivindicacións, nin nos teñen en conta como interlocución. Como sabedes, a primeiros de setembro propuxemos, ao resto do movemento pensionista galego existente, mobilizármonos en Galiza. Na carta expoñiamos os seguintes argumentos: pensamos que habería máis posibilidades de asistencia, poderiamos ter máis visibilidade e menos risco de fracaso e sería máis responsable desde o punto de vista da pandemia e da ecoloxía.
Ademais, moitas das cuestións que se denuncian ou reivindican son competencia das Comunidades Autónomas e non contribuiriamos a este proceso de centralización. Mais non tivemos resposta e, aínda que a Plataforma de Pensionistas de Compostela se sumaría a todas as plataformas e organizacións en xeral na convocatoria da mobilización unitaria, non producíndose esa convocatoria que consideramos tan necesaria e despois de consultar aos compañeiros e compañeiras na concentración do pasado 4 de outubro,