miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Continúa arrefriando o tempo

Continúa arrefriando o tempo
Continúa arrefriando o tempo

As temperaturas oscilarán entre os 10 e os 20 graos

O venres seguiremos no radio de acción das altas presións que se estenden dende Madeira ata as Illas Británicas e que comezan a debilitarse. Agárdase así unha xornada de tempo seco, con ceos pouco nubrados en xeral con intervalos de nubes altas e con nubes baixas ao noroeste. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, as máximas en lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de dirección variable, con predominio da compoñente oeste.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente con nubes e claros. Haberá precipitacións do sábado pola tarde ó domingo pola mañá e o domingo pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que descenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más