miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O "Festival dos Camiños" celébrase este sábado no Auditorio Abanca

O "Festival dos Camiños" celébrase este sábado no Auditorio Abanca
O "Festival dos Camiños" celébrase este sábado no Auditorio Abanca

Agrupacións galegas, salmantinas e portuguesas celebrarán o “Festival dos Camiños” este sábado no Auditorio Abanca

O Museo Casa da Troia ten en marcha o proxecto “Roteiros de Compostela: do Pórtico da Gloria á Casa de la Troya”, unha iniciativa apoiada polo Xacobeo 2021-2022. No marco deste proxecto, esta fin de semana -8 e 9 de outubro- vanse celebrar os “III Encontros Troyanos en Compostela”, que van reunir na capital galega a tunas veteranas vencelladas a universidades dos Camiños.


Nestes encontros van participar catro agrupacións de corda pulsada: Troyanos de Compostela (agrupación musical da Asociación Cultural – Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya), a Tuna de Veteranos da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, a Real Asociación de Antigos Tunos da Universidade de Salamanca e a Tuna Veterana da Universidade Portucalense.


Mñaá venres, ás 16:30 horas, as agrupacións serán recibidas polo reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, no Pazo de San Xerome, onde ás 17:00 h “Troyanos de Compostela” realizará unha actuación desde os balcóns. Ás 19:30 h o Museo Casa de la Troya acollerá o acto de entrega da beca dos Tunos Decanos de Iberoamérica, integrada por membros de 13 países.


A xornada do sábado comezará ás 12:00 horas con diversas actuacións nos balcóns de edificios senlleiros da cidade histórica, cunha duración de entre 15 e 20 minutos cada unha: Museo das Peregrinacións, Casa do Cabildo e Fundación Granell. Ás 13:30 h tocarán desde os balcóns do Pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro.


Xa pola tarde, ás 18:00 h, celebrarase o concerto “Festival dos Camiños” no Auditorio Abanca, cun aforo de 469 persoas debido ás restricións sanitarias. Nesta actuación interpretaranse cancións que forman parte das “bandas sonoras” destas tres cidades universitarias ligadas aos Camiños: Santiago, Salamanca e Porto. As entradas para o concerto poden adquirirse no Museo Casa de la Troya a 5 € para butaca e 3 € para o anfiteatro. O museo abre de xoves a martes (derradeiro día en que poderá visitarse esta temporada), en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, agás o sábado que só abre pola mañá. Se aínda quedaran entradas dispoñibles, poderían mercarse o propio día do concerto na billeteira do Auditorio Abanca, a partir das 16:00 h.

Comentarios
Lo más