Continúa o tempo desapacible en Compostela
08:00 03/10/21
08:00 03/10/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 17 graos
Despois do paso da fronte durante a madrugada, quedaremos o domingo con ventos de compoñente oeste que traerán aire frío e deixarán unha mañá de ceos parcialmente cubertos e chuvascos, que irán remitindo a partir do mediodía. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará moderado do noroeste pola mañá, virando ao longo do día ata quedar do sudoeste á noite.