miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sábado de chuvia en Compostela

Sábado de chuvia en Compostela
Sábado de chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 18 graos

O sábado Galicia queda na influencia dunha borrasca centrada ao sur de Irlanda que enviará unha fronte moi activa ao final do día. Así, os ceos estarán cubertos, con choivas na metade oeste. Xa pola noite as precipitacións chegarán a toda Galicia e serán localmente moi intensas. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso mentres que as máximas descenderán, polo que quedará unha xornada de pouca oscilación térmica. En terra o vento soprará moderado do suroeste pola mañá, aumentando a forte, pola noite. No mar o vento será forte no litoral da Coruña, aumentando tamén ao final do día en Pontevedra e Lugo.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas sen cambios. Vento forte do Sudoeste do sábado pola tarde ó sábado pola noite.

Comentarios
Lo más