miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Redrum Teatro abre este sábado o Brión Cultural 2021 coa súa obra "Idiota"

Redrum Teatro abre este sábado o Brión Cultural 2021 coa súa obra "Idiota"
Redrum Teatro abre este sábado o Brión Cultural 2021 coa súa obra "Idiota"

A programación inclúe oito representacións teatrais gratuítas, todos os sábados de outubro e novembro, ás 20:00 horas, no polivalente

A compañía Redrum Teatro e a súa obra “Idiota” abren este sábado 2 de outubro, ás 20:00 horas, a programación do Brión Cultural 2021, que encherá de teatro profesional o centro social polivalente os oito próximos sábados. Así, o “Brión Cultural” desenvolverase todos os sábados de outubro e novembro, ás 20:00 horas, no auditorio do centro social polivalente. As entradas serán de balde ata completar o aforo, con reserva previa a través do correo electrónico entradasbrion@gmail.com.


A primeira obra, “Idiota”, é unha comedia negra escrita por Jordi Casanovas que fai unha apoloxía ás inconmensurables dimensións da estupidez humana. Está dirixida por Álex Sampayo e protagonizada por Susana Sampedro e Machi Salgado, premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Teatro Galego do Carballiño.


Completan a programación de outubro A Panadaría, con “Elisa e Marcela” (16 outubro), Teatro do Atlántico con “Libre como os paxaros” (23 outubro) e Mofa e Befa con “Dúas pedras no camiño” (30 de outubro). Para o mes de novembro quedan Talía Teatro con “Vida de cans” (6 de novembro), Quico Cadaval, Celso Sanmartín e Guti con “Tres vellas (polo menos)” (13 de novembro), Cándido Pazó con “Mocos” (20 de novembro) e pechará o ciclo Malasombra Teatro con “Bernarda” (27 novembro).


Todas as sesión desenvolveranse de forma segura e seguindo os protocolos sanitarios establecidos en cada momento. Así, será obrigatorio levar sempre máscara, hixienizar mans con xel hidroalcólico, manter a distancia de seguridade e permanecer na cadeira durante todo o espectáculo.

Comentarios
Lo más