miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Posibles chuvias para rematar a semana

Posibles chuvias para rematar a semana
Posibles chuvias para rematar a semana

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 22 graos

O venres Galicia quedará nunha zona de transición entre as altas e baixas presións, coa chegada dunha fronte polo norte. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con posibilidade dalgunha chuvia intermitente ao longo do día, con menos nubes na provincia de Ourense e sur de Lugo. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos do sudoeste, con intervalos de moderado no litoral norte.

En Santiago, gárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros, aínda que ocasionalmente poderán atoparse pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o venres, o sábado e o domingo. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en descenso moderado. Vento forte do Sur do sábado pola tarde ó sábado pola noite.


Comentarios
Lo más