Santiago acolle, durante tres días, a rodaxe da película "A man of Action"
Santiago de Compostela será escenario, ata o 1 de outubro, da rodaxe da película "A Man of Action". As zonas afectadas son Salvador Parga, Praza San Agustin, Rúa das Ameas, Rúa San Francisco, Praza do Obradoiro e parque da Alameda. Todas son áreas de preferencia peonil, sendo mínima a súa afectación o tráfico.
A empresa que leva a cabo a rodaxe comprometeuse a respectar a sinalización e tonelaxe para o acceso dos vehículos, furgonetas e grupos electróxenos necesarios para a rodaxe; que desde hoxe están estacionados no aparcamento de Salgueiriños. Desde alí realizan os labores de reparto en furgonetas e en grúas individuais (para o transporte de vehículos antigos necesarios para o rodaxe), sen sobrepasar os pesos e medidas permitas na zona monumental.
En canto o tránsito peonil, haberá cortes momentáneos de paso sen sobrepasar o 3 minutos que duran as rodaxes das escenas.
Ao longo da xornada de hoxe están previstas rodaxes na Praza de Salvador Parga e Casas Reais, na Rúa Travesa e no parque da Alameda. Mañá é a quenda da Praza de Santo Agostiño, da Praza de Abastos, da Rúa San Francisco e dos soportais do Pazo de Raxoi, no Obradoiro. E o venres, 1 de outubro, rodarán de novo na Praza de Salvador Parga e Casas Reais, e na Rúa Travesa.
A Policía Local colaborará nos momentos puntuais que sexa necesario con presencia dunha dotación policial. En canto á empresa que leva a cabo a rodaxe, "La Pulga y el elefante SL", deberá cumprir as seguintes condicions xerais:
-A zona afectada deberá quedar limpa e en perfecto estado de conservación á finalización da actividade.
-Deberá cumprirse a normativa en materia de seguridade, saúde e os restantes requisitos esixidos para este tipo de actividades que, en todo caso, será responsabilidade exclusiva dos organizadores. Ademais, responderán de calquera dano que se puidera producir nos bens ou nos servizos públicos municipais (elementos vexetais, pavimentos, mobiliario urbano, etc).
-No caso de reparto de follas deberase facer en man para evitar ensuciar a vía pública.
-Deberá cumprirse as determinacións que recolle a "Ordenanza Xeral Municipal Reguladora da Emisión e Recepción de Ruídos, Vibracións e Condicións dos Locais", a respecto da emisión do nivel sonoro.
-Deberán cumprirse as determinacións contidas na Lei 11/2010 de 17 de
decembro de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.
-A organización solicitante deberá adoptar as medidas necesarias para garantir as condicións de seguridade e orde público.