Mércores gris en Compostela
As temperaturas oscilarán entre os 12 e os 22 graos en Compostela
O mércores continuaremos baixo influencia anticiclónica cos restos dunha fronte rozando o norte da Comunidade á primeira hora. Así, tras unha mañá de ceos nubrados e algunha chuvia feble na metade norte, a tendencia pola tarde será a apertura de grandes claros. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente norte.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados, aínda que ocasionalmente poderán atoparse moi anubrados. Agárdanse precipitacións do martes pola noite ó mércores pola mañá e o venres pola noite. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso lixeiro, a pesar de que oscilarán.