miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O estudantado de Farmacia demanda unha facultade digna

O estudantado de Farmacia demanda unha facultade digna
O estudantado de Farmacia demanda unha facultade digna

As estudantes do grao levan seis anos rotando por outras facultades, obrigadas agora á docencia telemática por falta de espazo

O estudantado do Grao en Farmacia da USC manifestouse este martes en Compostela reclamando unha facultado digna. A comitiva partiu da Praza Roxa de Santiago de Compostela en protesta pola situación de extrema precariedade na que se atopa o estudantado.

Unha docencia atomizada en distintas facultades que lles impide ter aulas presenciais. Uns laboratorios de prácticas con mobiliario de principios dos anos 70. Unhas prácticas obrigatorias non remuneradas nas que exercen coma profesionais durante seis meses, 35 horas á semana. 

Estas son circunstancias que denuncian incompatibles cos estándares de calidade e suposta excelencia que se lle presumen á Universidade de Santiago de Compostela. Por iso reclaman a actuación da Xunta de Galicia sen máis demora, tras seis anos sen facultade por vertido de hidrocarburos e problemas de estrutura — problemáticas que se coñecen desde o ano 2007—. 

Esixen ao Goberno autonómico un financiamento suficiente e específico para a construción das novas infraestruturas da Facultade de Farmacia e para o seu adecuado funcionamento

Comentarios
Lo más