miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Propoñen que se analice e reconsidere a limitación de velocidade nalgunhas vías municipais

Propoñen que se analice e reconsidere a limitación de velocidade nalgunhas vías municipais
Propoñen que se analice e reconsidere a limitación de velocidade nalgunhas vías municipais

María Castelao apunta que “cun estudo detallado de cada vía podería axustarse a sinalización, facendo compatible a seguridade viaria cunha maior axilidade nos desprazamentos, o que redundaría non só nos traxectos que realizan vehículos privados e profesionais, senón tamén o propio servizo público de transportes”

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular, María Castelao, ten presentado unha proposición para solicitar do Pleno que se inste ao Goberno local a que proceda a realizar unha análise detallada de cada unha das vías municipais e, conforme a ela, revisar as limitacións de velocidade existentes, de acordo coa recente normativa de aplicación, facendo uso da potestade que esta lle confire á administración local para decidir o tipo de limitación a implantar nos distintos treitos da rede viaria municipal.


Segundo se afirma na iniciativa, “cun estudo detallado de cada vía podería axustarse a sinalización, facendo compatible a seguridade viaria cunha maior axilidade nos desprazamentos, o que redundaría non só nos traxectos que realizan vehículos privados e profesionais, senón tamén o propio servizo público de transportes” afectado nas súas frecuencias pola extensión das limitacións. Na opinión da concelleira “en determinados tramos, mesmo do rural, non parecen xustificadas as reducións de 30 km/h, que poderían provocar maior contaminación ambiental e acústica, ralentización do tráfico e máis retencións e avarías nos vehículos”. Entre as zonas concretas para analizar e reconsiderar as reducións establecidas, menciónanse a modo de exemplo o acceso ao Monte do Gozo pola rúa das Estrelas, o acceso ao túnel das Cancelas, o tramo inicial da Avenida Xoán XXIII na baixada desde San Caetano e mesmo algún tramo rural fóra de núcleo, onde recentemente se colocaron sinais de 30 km/h que a inmensa maioría dos condutores superan.


Os Populares lembran que a modificación do Regulamento Xeral de Circulación en vigor desde maio de 2021, onde se establecen os límites de velocidade nas vías urbanas, contempla que os criterios xerais poden ser modificados, á alta ou á baixa, por criterio da autoridade municipal, mediante sinalización específica. Ese carácter discrecional é o que solicitan que aplique o Goberno local en atención ás características do tráfico e das vías, facendo compatible a prioritaria seguridade de peóns e vehículos coa maior axilidade e funcionalidade do sistema viario municipal.

Comentarios
Lo más