miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello instala fontes de auga nos centros educativos de Ames

O Concello instala fontes de auga nos centros educativos de Ames
O Concello instala fontes de auga nos centros educativos de Ames

Os comedores e os servizos de conciliación deixarán de utilizar botellas de plástico para o subministro de auga despois de que o concello instale fontes en cada un dos centros escolares de Ames

O concello de Ames subministra auga nos comedores escolares, nos servizos de conciliación Bos Días Cole e Tardes Divertidas e nos programas lúdicos de nadal, entroido, primavera e xuño. Os 1.900 usuarios/as destes servizos consumen cada ano ao redor de 40.000 litros de auga o que implica un elevadísimo consumo de plástico.

“Con esta actuación reduciremos considerablemente a factura de auga embotellada, pero ademais cumpriremos co compromiso de reducir o consumo de plásticos nos comedores escolares e nos servizos de conciliación”, declara o concelleiro de Educación, David Santomil.  

As fontes reutilizan a auga da traída despois de filtrala e depurala. Dependendo do volume de utilización, instalaranse distintos tipos. Nas escolas Infantís xa están en funcionamento fontes pequenas dun so cano. No comedor da Maía está instalada unha de tres canos automatizados e preparados para que os monitores enchan con facilidade as xerras que logo serven nas mesas onde xantan os rapaces e as rapazas.

Ao longo deste trimestre está previsto que se dote de fontes aos colexios de Barouta, Agro do Muíño e Ventín, na Escola Infantil do Milladoiro e nas unitarias de Ortoño e Covas.

Comentarios
Lo más