miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xoves con 14 festas en pisos e varios botellóns

Xoves con 14 festas en pisos e varios botellóns
Xoves con 14 festas en pisos e varios botellóns

Así o apunta a Policía Local no seu parte de incidencias

Na noite do xoves ao venres a Policía Local de Santiago tivo que intervir en 4 botellóns en distintas zonas da cidade así como acudir a 14 festas en pisos.

En concreto, os axentes acudiron as 19:11 h con tres patrullas ao parque Alexandre Bóveda onde se atopou un grupo de rapaces, que se dispersou ante a presenza policial. Ás 01:15 horas, na Avda de Coimbra obsérvouse un grupo que se dispersou cando chegaron os axentes. Posteriormente, ás 01:45 horas, no parque de Belvís, un grupo de mozos tamén tivo que dispersarse. Por último, ás 05:35 horas, na rúa Marcial Villamor Varela, identificouse a un grupo de 8 persoas consumindo bebidas alcohólicas. 

Esa mesma noite, os axentes tiveron que acudir a 14 festas en pisos. Noite movida en Compostela donde ademáis identificouse a 9 persoas por consumo de alcohol na rúa, así como se tiveron que disolver varias concentracións no Ensanche compostelano, unha das máis concorridas, na Praza Roxa. 

Comentarios
Lo más