“Sete Parroquias” chega aos centros socioculturais do Castiñeiriño e de Fontiñas este sábado
A compañía Títeres Cachirulo representará a obra “A Cabeza do Dragón” de Valle-Inclán no centro sociocultural do Castiñeiriño ás 12:00h. E, o mesmo día, ás 18:00h, a quenda será para o CSC de Fontiñas
Títeres Cachirulo actuará este sábado no centro sociocultural do Castiñeiriño representando “A cabeza do dragón” ás 12:00h na praza exterior do centro cívico. Ás 18:00h do mesmo sábado, terá lugar a función no centro cívico de Fontiñas, no parque detrás do centro, xunto aos Novos Xulgados.
As actuacións, pensadas para facer ao aire libre, se realizarán dende un innovador retablo da compañía, o denominado “Cachi-Móbil”, un teatriño rodante e autosuficiente que permite adaptarse comodamente as condicións dos espazos exteriores.
A iniciativa forma parte do programa de axudas a Actividades Culturais para o Sector Profesional 2021 do Concello de Santiago, consistente na realización dunha serie de representacións e obradoiros, de carácter gratuíto e para todos os públicos, nos centros cívicos do concello, que comezaron a semana pasada con actividades o sábado 11 no csc de Santa Marta.
Durante o mes de setembro e parte de outubro, haberá actividades en centros socioculturais dos barrios e zonas rurais de Santiago. As próximas paradas serán o Xoves 23 de setembro ás 18:00h no centro sociocultural de Vite e o Venres 24 as 18:00h no csc da Trisca.