Os equipos de emerxencia traballan na sufocación dun incendio nunha nave industrial en Padrón
Os equipos de extinción traballan, arestora, na extinción dun lume que afecta á zona de fundición dunha fábrica, en Padrón.
Pasadas as catro e media da madrugada, o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que alertaba dun incendio no interior dunha nave industrial, na estrada de Padrón cara Noia. Na mesma comunicación, o particular afirmaba que non había persoas feridas.
Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) comunicáronlle os datos aos Bombeiros de Boiro, aos membros do GES de Padrón, á Garda Civil e, por precaución, ao persoal sanitario.
Polo momento, os efectivos de emerxencias alí desprazados confirmáronlle ao 112 que as lapas están controladas e confinadas nun silo de filtros de fume, sen que se chegasen a propagar, e as cales están refrixerando dende o exterior.