miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

CA pide que Santiago se ofreza como lugar de acollida de refuxiadas afgás

CA pide que Santiago se ofreza como lugar de acollida de  refuxiadas afgás
CA pide que Santiago se ofreza como lugar de acollida de refuxiadas afgás

CA levará ao Pleno unha moción para demandar que “todas as administracións, tamén a local, se impliquen na resposta solidaria e de defensa dos dereitos humanos en Afganistán”

Compostela Aberta pide que Santiago sexa declarado municipio de acollida de persoas refuxiadas afgás, particularmente de mulleres e nenas, e que se poñan a disposición do Goberno Central tantas prazas como sexan posibles para colaborar a reducir o impacto humanitario da situación que se vive en Afganistán desde a toma de Kabul polos talibáns. A portavoz municipal de CA, Marta Lois, incidiu en que “todas as administracións públicas, tamén a municipal, deben dar unha resposta solidaria e de defensa dos dereitos humanos, no caso de Santiago dando tamén cumprimento aos acordos adoptados no Pleno durante o pasado mandato”.

Compostela Aberta levará ao Pleno deste mes unha moción na que pide que a Corporación declare ao municipio de Santiago como lugar de acollida de refuxiadas, ademais de instar á Xunta de Galicia a mostrar tamén ao Goberno español a súa vontade de acoller a persoas procedentes de Afganistán “particularmente de mulleres e nenas que ven como os seus dereitos e as súas vidas están en perigo no seu país”. Do mesmo xeito, a moción presentada por CA tamén insta ao Goberno do Estado a habilitar un corredor humanitario para as persoas demandantes de asilo que queiran abandonar Afganistán e a tramitar esas peticións de asilo coa maior dilixencia.

Marta Lois lembrou que durante o pasado mandato, a corporación municipal aprobou unha Declaracion Institucional na que se sinalaba que “Santiago, conforme á súa especial filiación europea e vocación acolledora, debe colaborar de forma activa na solución de crises humanitarias” como a que naquel momento se viviu en Siria e agora lle afecta a Afganistán. A portavoz de Compostela Aberta insistiu en que “ningunha administración pública debe ser allea a unha situación como a que se vive en Afganistán, e todas elas, tamén a administración municipal, deben responder para defender os dereitos dos millóns de persoas afectadas, e en particular das mulleres e nenas que corren perigo inminente de seren lapidadas, torturadas, violadas ou asasinadas por cuestións tan simples como bailar, cantar, traballar ou estudar”. Ademais, a concelleira incidiu en que “non se pode esquecer a responsabilidade directa que teñen Estados Unidos, a OTAN, e a Unión Europea no terror que estar a vivir a poboación afgá, e por iso urxe unha maior reacción da comunidade internacional ante o desastre que supuxeron os últimos vinte anos de intervención e guerra en Afganistán”.

Comentarios
Lo más