As axudas a comerciantes se farán efectivas ao longo deste mes
06:30 14/09/21
06:30 14/09/21
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta un novo encontro coas asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, Ourives de Compostela e Área Central, no que se trataron varios asuntos; entre eles, o pagamento das últimas axudas ao rescate convocadas, que se farán efectivas ao longo deste mes.
Así mesmo, Sánchez Bugallo anuncioulles ás asociacións a intención do Concello de facer un "esforzo especial de promoción" na campaña de Nadal, da que xa "comezamos a falar". Por último, deuse conta da continuación do programa Eu merco aquí, que debido á súa boa acollida se extendeu aos meses de setembro a decembro (primeira fin de semana de cada un deles).