miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xunta activa un novo paquete de axudas ao turismo de 15,8 millóns de euros

Xunta activa un novo paquete de axudas ao turismo de 15,8 millóns de euros
Xunta activa un novo paquete de axudas ao turismo de 15,8 millóns de euros

Feijóo precisa que os beneficiarios destas axudas serán as axencias de viaxes, os establecementos hostaleiros e os concellos de menos de 10.000 habitantes

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación este mes dun paquete de novas medidas para inxectar liquidez e impulsar a renovación do sector turístico galego, cun investimento total de 15,8 M€.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo precisou que os beneficiarios destas axudas serán as axencias de viaxes, os establecementos hostaleiros e os concellos de menos de 10.000 habitantes.

En concreto, explicou, 350.000 euros irán dirixidos ás axencias de viaxes galegas, 6 M€ destinaranse a subvencionar investimentos en equipamentos postcovid dos establecementos hostaleiros, outros 6 M€ permitirán promover a dixitalización e a mercadotecnia dixital entre os establecementos hostaleiros e, por último, 3,5 M€ dirixiranse aos municipios para que melloren a súa oferta turística con actuacións de embelecemento.

Nese sentido, o presidente da Xunta lembrou que estas achegas únense a outras postas xa en marcha ao longo deste ano destinadas ao impulso da hostalería e a industria turística galega que suman en total case 120 M€. Así como outras axudas postas á disposición tanto dos concellos como dos consumidores para incentivar o consumo como a Tarxeta Bono Turístico.

Comentarios
Lo más