miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Los Ángeles Gas e o Mercado de Abastos presentan a campaña "Estamos para que volvas" para incentivar o comercio local no mes de setembro

Los Ángeles Gas e o Mercado de Abastos presentan a campaña "Estamos para que volvas" para incentivar o comercio local no mes de setembro
Los Ángeles Gas e o Mercado de Abastos presentan a campaña "Estamos para que volvas" para incentivar o comercio local no mes de setembro

Por cada compra realizada entre o 13 e o 25 deste mes o cliente recibirá un dos máis de 20.000 boletos canxeables nas estacións LAG para un desconto directo en combustible

A xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey; Lucía Castro, técnico de Comercio do Concello de Santiago e Fernando Parra, en nome de Los Ángeles Gas presentaron  a campaña "Estamos para que volvas", de apoio ao comercio en Abastos.

Unha iniciativa pola que por cada compra levada a cabo entre o 13 e o 25 de setembro no Mercado de Abastos, os comerciantes de todos os postos da praza entregarán aos clientes cupóns de desconto inmediato a trocar cando reposten combustible na rede de estacións de servizo Los Ángeles Gas. En total poranse en circulación máis de 20.000 cupóns de desconto directo que se aplicarán gasolineiras LAG.

Economía familiar

Marta Rey destacou que "con esta acción o Mercado aposta por axudar aos clientes na chamada ´volta á escola´ a través dun aforro por mercar nos nosos postos". "Traballamos por incentivar o tránsito no espazo de Abastos e somos coñecedores de que para algúns dos nosos clientes isto significa un desprazamento que non pode realizar camiñando, en bicicleta ou transporte público. Traballamos para todos os que mercan aquí e sabemos da importancia de crear sinerxías para facilitar este tráfico entre os postos de venda e os que veñen a mercar". Ao que engadiu que "agradecemos a LAG a súa disposición ante esta proposta e total colaboración para desenvolver esta acción".

Pola súa Lucía Castro sinalou que este tipo de convenios é un beneficio para todos xa que incentiva o paso polo mercado e significa algo tan importante para a economía familiar como é aforrar. Asemade destacou a importancia da colaboración entre empresas para desenvolver esta iniciativa.

Responsabilidade Social

Mentres, Fernando Parra, de LAG sinalou que "estamos encantados de colaborar co Mercado de Abastos, do mesmo xeito que xa vimos facendo con outros concellos nos que temos presencia. Ata agora estas sinerxías tiveron bo resultado e nos permiten manter a nosa política de Responsabilidade Social na que apostamos pola atención personalizada e a creación de postos de traballo. Somos parte do tecido social e empresarial de Santiago e creemos que é importante manter e incorporar persoas ao mercado laboral”, ao que engadiu que “estas colaboracións son parte dun obxectivo conxunto ao redor do comercio e o traballo”.

Accións polo comercio local

Unha campaña na que todos os que merquen durante a semana do 13 de setembro recibirán cupóns que poderán trocar ata o 15 de decembro nas estacións de servizo LAG nas áreas de Santiago, A Coruña e Santa Comba. Do mesmo xeito o concello de Santiago continúa apoiando iniciativas de apoio ao comercio local e do centro da cidade, engadindo esta acción á presentada no mes de xullo a través do bono de desconto para os aparcadoiros da cidade.

Los Ángeles Gas

Con esta iniciativa a empresa LAG continúa a súa labor en cooperación co comercio como xa fai noutros concellos e entidades así como de participación en accións colaborativas. LAG leva preto de medio siglo operando dende a área de Santiago de Compostela tendo actualmente presencia con doce estacións de servizo atendidas, e con distribución de gasóleos e LAGBlue.

O vindeiro 15 de setembro comezará a funcionar un novo punto de suministro no Polígono Industrial de A Sionlla que inicialmente contará con 15 novos traballadores. Unha completa e innovadora instalación situada na parte traseira da FINSA e que contará con gasoliñeira e tenda, área de limpeza e servizos para autocaravanas. Asemade contará cun restaurante comandado polo chef Rafael González, procedente do Quercus. Neste espazo xa se está traballando na próxima apertura da primeira gasinera pública de GNC e GNL na provincia de A Coruña. LAG A Sionlla conta coas últimas novidades en recuperación de residuos, reciclaxe, e aforro enerxético. Así, LAG continúa traballando para o cliente e para dar o mellor servizo. 

Comentarios
Lo más