miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Grupo Popular considera desproporcionado a aumento da contratación a dedo no ano 2020

O Grupo Popular considera desproporcionado a aumento da contratación a dedo no ano 2020
O Grupo Popular considera desproporcionado a aumento da contratación a dedo no ano 2020

Durante o pasado ano, o Goberno local adxudicou preto de 8 millóns de euros sen licitación pública

O Grupo Municipal Popular a través do vicevoceiro Ramón Quiroga reflectiu  en rolda de prensa o que cualificou da “cara oculta” do Goberno local, derivada do análise do balance económico do ano 2020, a Conta Xeral, que precisamente hoxe se someteu á Comisión Informativa de Facenda previa ao pleno que debe aprobala. 

O vicevoceiro sinalou que se trata de dar a coñecer á veciñanza precisamente esa “cara oculta” do Goberno Local, que mostra como se xestionan realmente os ingresos derivados dos impostos que pagan os veciños. “Nuns momentos nos que se están a vivir determinados acontecementos positivos na cidade, que na súa maioría proveñen da actuación da Xunta de Galicia, como o Xacobeo ou a configuración da nova estación intermodal, que son positivos para a cidade, cómpre sacar á luz a realidade da nefasta xestión que o Goberno local fai con impostos da cidadanía”. 

Así, segundo expuxo Ramón Quiroga, do balance do ano 2020 chama poderosamente a atención un primeiro dato que é o aumento desproporcionado da adxudicación directa, é dicir, sen licitación nin concurso público, da contratación municipal, chegando a adxudicar obras e servizos por valor de case 8 millóns de euros, o cal supón 3 millóns de euros máis que no ano anterior, e un aumento de preto do 40% con respecto ao mesmo período. “Podemos entender que haxa casos xustificados de contratacións de emerxencia, especialmente por mor da situación derivada da pandemia, que impliquen recorrer a ese procedemento excepcional, pero iso non pode amparar o excesivo montante que se está a dar nas contratacións directas, sen a transparencia e concorrencia competitiva esixible nunha administración pública”. 

Se o dato do volume das adxudicación directas xa é preocupante, o resto dos datos ofrecen unha “sesión continúa” do que no ano anterior xa se mostrou como un auténtico “manual de falta de xestión no Concello” ao estar presidida por centos de reparos de legalidade da Intervención Municipal, superávits excesivos, etc. 2/2 

Falta de xestión e de investimentos que provocan superávit

No balance anual destaca tamén, novamente, o excesivo “beneficio” obtido polo Concello a través dun desproporcionado superávit que superou os 9 millóns de euros, e que xunto co do ano anterior, sitúan o total de superávits do Concello en 21,1 millóns de euros. Este avultado superávit é en si mesmo negativo para os veciños por dous motivos principais: Por unha parte, porque supón que o Goberno local non é capaz de xestionar os impostos que recada da veciñanza o que lle vén a dar a razón ao Grupo Popular que vén reclamando unha baixada de impostos; e doutra parte, porque supón que non se están a facer por parte do Goberno os investimentos necesarios e a implantación necesaria en políticas de marcado carácter social como as referidas a emprego, comercio ou fomento empresarial. 

Se iso fora pouco, os populares subliñan un dato elocuente, como é que o Goberno local rematou o ano con máis de 44 millóns de euros en depósitos bancarios, o que para facerse unha idea supón un montante similar ao 40% do orzamento ordinario do Concello. Este dato enlaza con outro tamén preocupante, que supón que o Goberno só executou o 21% dos investimentos proxectados, o que fixo que dos 37,3 millóns de euros que tiña para investir, só foi capaz de executar 8,1 millóns de euros, o que equivale a que 8 de cada 10 euros quedaron nos bancos. 

Retraso nos pagos e mantemento de impostos 

Ramón Quiroga tamén subliñou que continúa a ser preocupante o que se está a converter nun clásico do Goberno local que é o non pagar en prazo aos profesionais, autónomos e empresas. Deste xeito, dos 12 meses do ano 2020 unicamente se cumpriu co prazo legal de 30 días para os pagamentos en dúas ocasións, o que está comportar problemas de liquidez ás empresas, nun momento clave para o mantemento e a necesaria recuperación do tecido produtivo

O vicevoceiro popular rematou sinalando a contradición de que, despois de escoitar durante meses que a baixada de ingresos ían a ser moi importantes, a recadación dos principais ingresos se mantivo, como así aconteceu cos principais impostos como IBI, vehículos, IAE, etc., chegando ao acadar o 98% do previsto, con 47,6 millóns de euros sobre un total de 48,5 M, engadindo como dato significativo que en “multas de tráfico” se recadaran 2,2 millóns de euros, a pesar das limitación de mobilidade derivadas da pandemia. 

En conclusión, sinalou que continúan as prácticas preocupantes desde que se iniciou a lexislatura, unhas prácticas que mostran a “cara oculta” da xestión do Goberno local, polo que é necesario que a veciñanza coñeza o balance que mostra como se empregan os impostos municipais.

Comentarios
Lo más