Modificacións no tráfico na zona de Concheiros
06:30 07/09/21
06:30 07/09/21
Esta semana está programado o aglomerado da rúa de Concheiros, non obstante os traballos van depender da climatoloxía, xa que no caso de chuvia intensa non sería posible realizalos.
A previsión é levalos a cabo en horario tarde-noite, dende as 20.00 h ata as 4.00 horas os seguintes días: 8, 9 e 10 de setembro, aínda que poderían ampliarse en función do tempo.
Durante o horario mencionado non se poderá circular pola rúa dos Concheiros, que quedará cortada ao tráfico totalmente. Unha vez rematadas as obras de cada xornada volverase a abrir a circulación da mesma maneira que ata o de agora, é decir, sentido saída.
No horario no que se estean realizando os traballos de aglomerado, para dar saída á circulación da rúa das Fraguas e Costa do Veedor, vaise acondicionar un tramo da Cruz de San Pedro para que os vehículos poidan circular cara á rúa de Betanzos ou do Rosario e Bonaval. O resto da circulación continúa igual, sen cambios nas direccións que se marcan neste momento.