Os pensionistas nos faltan á súa cita co Obradoiro
Como fan cada primeiro luns de mes
Os pensionistas de Compostela volveron a concentrarse na praza do Obradoiro ás 12 da mañá este luns, en defensa das pensións e dos servizos públicos.
Fixérono cumplindo con todas as precaucións, segundo as normas e recomendacións existentes. Tras non concentrarse en agosto, único mes no que non se celebra a concentración, os pensionistas compostelanos volveron a unirse en defensa das pensións e dos servizos públicos.
Dende a plataforma apuntan que "esta reforma das pensións que está lonxe de responder ás nosas reivindicacións. Por moita vaselina que lle poñan, susténtase na mesma filosofía e, cos mesmos argumentos falsos da sustentabilidade do sistema, xustifícanse os recortes".
Durante a concentración estivo a disposición dos asistentes o libro que editou a plataforma, coa súa historia gráfica : “VOCES GRAVES”. Un rexistro fotográfico destes tres anos de andadura.