miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis calor pero con nubes e posibles chuvias

Máis calor pero con nubes e posibles chuvias
Máis calor pero con nubes e posibles chuvias

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 19 e os 30 graos

O luns un centro de baixas presións situado ao oeste de Galicia deixará un día de inestabilidade atmosférica debido á presenza de aire frío en capas altas. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado en xeral con posibilidade de chuvascos acompañados de aparato eléctrico de sur a norte co avance da xornada. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará de compoñente leste, con intervalos máis fortes no litoral norte e comarcas do interior pola tarde.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o luns, o martes e o mércores. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en descenso notable.

Comentarios
Lo más