miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Fin de semana sen cambios no tempo

Fin de semana sen cambios no tempo
Fin de semana sen cambios no tempo

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 23 graos

O sábado Galicia queda nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, con réxime de ventos do sur. Así, comezaremos a xornada con bancos de néboa e nubes baixas e co avance do día os ceos quedarán pouco nubrados, con intervalos de nubes altas. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente sur.

En Santiago, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o luns pola noite. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en ascenso notable.

Comentarios
Lo más