miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cambios no tráfico por mor das obras de reurbanización da rúa do Hórreo fronte á Estación Intermodal

Cambios no tráfico por mor das obras de reurbanización da rúa do Hórreo fronte á Estación Intermodal
Cambios no tráfico por mor das obras de reurbanización da rúa do Hórreo fronte á Estación Intermodal

Este luns, 6 de setembro, comezan as obras de reurbanización da rúa do Hórreo no tramo comprendido entre as rúas de Manuel Murguía e Santiago León de Caracas, fronte á Estación Intermodal.


Os traballos executaranse en dúas fases.

Na primeira fase os traballos afectarán aos carrís de subida, por onde xa non se poderá circular. Desprazarase todo o tránsito aos carrís que na actualidade son de baixada e destinarase un a cada sentido da circulación.

Instalarase unha rotonda provisional á altura do cruzamento coa rúa de San Pedro de Mezonzo para encauzar o tráfico.

Unha vez completada esta primeira fase trasladarase a circulación á zona xa terminada para poder continuar coas obras na outra parte da calzada.

As rúas adxacentes do Ensanche a este tramo non sufrirán ningún cambio no que ao tráfico se refire.

As obras teñen unha duración de 5 meses e durante este tempo recoméndase o uso do túnel do Hórreo como vía alternativa, empregando a avenida de Santiago de Cuba para entrar dende a zona sur (estradas de Ourense e da Estrada) e tamén como conexión para as entradas dende o Milladoiro e a zona norte de cidade.

Transporte urbano e metropolitano
As liñas de TRANSPORTE URBANO con percorrido pola rúa do Hórreo non sofren ningunha modificación: manterán o seu paso durante todo o tempo das obras pola propia rúa do Hórreo. Non obstante, a parada que estaba situada no tramo afectado polo corte trasladarase ao tramo comprendido entre as rúas de San Pedro Mezonzo e Fernando III O Santo.

No que respecta ao TRANSPORTE METROPOLITANO, a parada trasladarase durante a execución das obras á rúa da Rosa e á estación de autobuses. As liñas afectadas polo cambio de parada son as que de seguido se relacionan:

EXPEDICIÓNS QUE TRASLADAN A SÚA PARADA Á RÚA DA ROSA:

UTE XG804: Rúa do Hórreo – Portomouro
UTE XG804: Rúa do Hórreo – Ameixenda
UTE XG804: Rúa do Hórreo – Picaraña

UTE XG807: Rúa do Hórreo – Ramallosa
UTE XG807: Rúa do Hórreo – Bertamiráns
UTE XG807: Rúa do Hórreo – Milladoiro
UTE XG800: Rúa do Hórreo – Sigüeiro

EXPEDICIÓN QUE TRASLADA A SÚA PARADA Á ESTACIÓN DE AUTOBUSES:

UTE XG804: Rúa do Hórreo – Negreira. 

Comentarios
Lo más