miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Teo presenta a oferta das escolas culturais para este curso

Teo presenta a oferta das escolas culturais para este curso
Teo presenta a oferta das escolas culturais para este curso

A oferta de actividades culturais para o curso 2021-2022 xa está dispoñible para a súa consulta. O prazo de inscrición comezará o 6 de setembro e estenderase ata o vindeiro 17 do mesmo mes. O número de prazas para cada escola variará en función das normas sanitarias que estean en vigor no momento de comezar as actividades.


A programación das escolas será en varios locais municipais como o Auditorio, o pavillón de Calo, a Casa Común dos Tilos e as escolas de Ameneiro e Tras do Eixo.

Mantense a oferta de disciplinas como danza contemporánea, artes plásticas, guitarra e teatro para adultos. Como novidade preséntase Teatro de integración. Dende Cultura indican que este ano ábrese un novo obradoiro de teatro adicado á integración da neurodiversidade para todos e todas os menores de 10 a 14 anos. O xogo dramático ofrece múltiples posibilidades para que o alumnado acade un desenvolvemento íntegro e global e potencia ao máximo as súas habilidades sociais, cognitivas e emocionais. A práctica desta actividade favorece ademais para as persoas participantes, aspectos esenciais coma o desenvolvemento da memoria, a capacidade de improvisación e expresión, entre outras. Ao mesmo tempo, as escenificacións que se representen crearán unha aprendizaxe global tanto para participantes coma para espectadores, baseada no respeto, a tolerancia e o recoñecemento á diversidade.

Tamén haberá programación e deseño de videoxogos, robótica e intelixencia artifical e ofimática e mecanografía.

Programación das escolas culturais cos seus horarios 

Descarga aquí a ficha de inscrición

A matrícula en cada escola completa terá un custo de 60 euros anuais e consta de tres trimestres, no caso de haber prazas libres nos seguintes trimestres abrirase un novo prazo de inscrición nos prazos que se indican na programación establecida. Así, o pagamento do curso completo debe realizarse do 24 de setembro ao 1 de outubro.

Comentarios
Lo más