Corte de tráfico nas rúas de Poza de Bar e San Lourenzo
06:30 04/09/21
06:30 04/09/21
Este sábado día 4
Este sábado, 4 de setembro, dende as 8.30 ata as 10.00 horas, as rúas de Poza de Bar e de San Lourenzo van a quedar cortadas ao tráfico por mor do recheo dos sumidoiros que se atopan no medio da calzada, traballos precisos para o correcto desenvolvemento de La Vuelta 2021, que terá lugar o domingo 5.
Transporte urbano
Por mor deste corte, os traxectos da liña 8 con destino Vidán desviaranse despois da rúa da Senra por Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, avda. Mestre Mateo e retomarán o seu itinerario habitual na avda. Mestra Victoria Míguez.
Quedarán suprimidas as paradas de San Clemente (IES Rosalía de Castro), Poza de Bar e San Lourenzo.