Continúa o tempo inestable
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 24 graos
As altas presións seguirán centradas sobre Escocia durante esta xornada, pero a presenza de aire frío en altura continuará ocasionando inestabilidade. Deste xeito os ceos presentarán intervalos anubrados, con chuvascos tormentosos, máis probables e xeneralizados pola tarde, cando poderán vir acompañados de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas sufrirán un descenso, algo máis acusado nos valores máximos. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable, agás na costa norte onde serán moderados do nordés.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o xoves pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas en descenso moderado.