Martes con posibilidade de chuvia
As temperaturas oscilarán entre os 16 e os 26 graos en Santiago
A situación meteorolóxica deste derradeiro día de agosto quedará marcada por unha situación indefinida en superficie e a entrada de aire frío en capas medias e altas da atmosfera. Isto deixará os ceos con intervalos de nubes medias e altas e chuvascos tormentosos a partir do mediodía, estendendose tamén na madrugada do mércores. Repetiranse as brétemas no litoral atlántico. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés no extremo norte e frouxos variables no resto, con réxime de brisas no litoral atlántico pola tarde.
En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o martes, o mércores e o xoves pola tarde, que poderán ser treboentas o martes. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.