Corte de tráfico na rúa do Rial de Conxo
Por mor de obras de canalización
Os días 31 de agosto e 1 e 2 de setembro, a rúa do Rial de Conxo vai quedar cortada ao tráfico entre os números 33 e 50, en horario de 9.00 h a 17.00 h, por mor das obras de canalización e instalación de fibra óptica por parte de Telefónica. Poderán empregarse como desvíos alternativos as rúas da Decoita e Poza Real de Arriba.
Ademáis, xa dende o luns as 8.30 horas do vindeiro e ata o 4 de setembro a costa de San Domingos quedará cortada ao tráfico por mor do arranxo do empedrado do seu pavimento.
Este corte obriga a que o tráfico das rúas do Rosario e Bonaval teña que saír pola rúa da Costiña do Monte. O acceso á rúa de Valle-Inclán realizarase dende a rúa de San Roque e desdobrarase a calzada nun carril de entrada e outro de saída. Esta entrada será o acceso temporal á rúa e á ruela da Caramoniña, así como ao aparcamento, CGAC e Museo do Pobo Galego.