miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana comenza con calma preludio da chuvia

A semana comenza con calma preludio da chuvia
A semana comenza con calma preludio da chuvia

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 16 e os 26 graos 

Galicia comezará a semana nunha situación atmosférica moi indefinida, coas altas presións ao norte das illas Británicas. Deste xeito agardamos unha mañá de nubes baixas e néboas, que en puntos do litoral atlántico poden ser persistentes. Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior que poderían dar lugar a algún amago treboento. No resto os ceos estarán pouco nubrados ou despexados, con nubes altas que non impedirán o paso do sol. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés no terzo norte e variables no resto, con réxime de brisas nas Rías Baixas pola tarde.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o martes e o mércores pola tarde, que poderán ser treboentas o martes. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.

Comentarios
Lo más