miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Oroso recauda unha nova tonelada de tapóns, neste caso para un rapaz compostelán

Oroso recauda unha nova tonelada de tapóns, neste caso para un rapaz compostelán
Oroso recauda unha nova tonelada de tapóns, neste caso para un rapaz compostelán

O Concello de Oroso, no marco da súa proposta para instalar dous corazóns solidarios para a recollida de tapóns de plásticos, acaba de recoller a súa segunda tonelada deste material. Hai unha semana, Oroso xa conseguira a primeira tonelada deste material, que foi doada á ONG “Axuda a Burundi”.


Esta segunda tonelada será doada a Matías Rey, un rapaz compostelán que sufriu unha parálise cerebral, á que suman outras doenzas como cardiopatía, epilepsia e autismo. Actualmente, a través dos seus pais e a iniciativa "Tu ayuda = mi ilusión", estanse realizando varias campañas para financiar as custosas terapias que precisa Matías. Hoxe, fíxose entrega da tonelada de tapóns recollida a Matías xunto á súa nai.

O Concello de Oroso anima á cidadanía a seguir depositando tapóns nos corazóns solidarios situados nas prazas Isaac Díaz Pardo e Alexandre Bóveda. Os tapóns débense introducir directamente, sen depositar bolsas nin outros residuos.

Dende o comezo desta iniciativa, xa son dúas as causas benéficas que recibirán o apoio solidario de Oroso, a través destas recollidas. Ademais, dende o goberno local recórdase que esta actividade tamén fomenta a reciclaxe de plástico e o coidado medioambiental.

“Agradecemos a colaboración dos nosos veciños e veciñas, quen unha vez máis demostran a súa solidariedade sumándose a esta causa. Oroso é un exemplo de colaboración e apoio aos que máis o necesitan”, subliña Luis Rey, alcalde de Oroso. 

Comentarios
Lo más