Tempo sen cambios en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 17 e os 29 graos
Unha xornada máis con Galicia baixo a influencia das altas presións e algo de aire frío en capas altas da atmosfera, fonte de inestabilidade. Con esta situación, agárdanse ceos con poucas nubes pola mañá, medrando nubes de evolución pola tarde, que darán lugar a chuvascos treboentos no interior. Brétemas costeiras no litoral atlántico, localmente persistentes. As temperaturas non terán cambios. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, agás no litoral norte onde soprarán moderados de compoñente leste.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán.