miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Finalizadas as obras de prolongación da beirarrúa da rúa do Tambre

Finalizadas as obras de prolongación da beirarrúa da rúa do Tambre
Finalizadas as obras de prolongación da beirarrúa da rúa do Tambre

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron   a rúa do Tambre, tras o remate das obras de prolongación da beirarrúa na marxe par da devandita vía, que tiveron un orzamento de preto de 257.000 euros.

As obras, enmarcadas no plan POS+ que desenvolve a Concellería de Medio Rural en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña, afectan ao tramo da rúa comprendido entre Meixonfrío e o polígono do Tambre, na parroquia de San Caetano.


Os traballos executados consistiron na creación dunha beirarrúa, moi solicitada pola veciñanza, que conecta de forma segura para os peóns o núcleo de Meixonfrío co polígono do Tambre, coa correspondente mellora das instalación de subministro dos servizos básicos e da seguridade viaria. Con este obxectivo incluíuse unha banda de aparcamento ordenada, o que favorece o calmado do tráfico e a recuperación dunha zona verde ata o de agora ocupada por vehículos.

A actuación tivo un orzamento de adxudicación de 256.933,99 €. Para a execución das obras foi necesario, coa participación da Asociación de Veciños da Gracia, dispor de terreos de titularidade privada mediante acordos de cesión voluntaria dos seus propietarios. Tanto o alcalde como o concelleiro agradeceron aos propietarios afectados a colaboración mostrada, que redunda en beneficio de toda a veciñanza.

A zona completarase co acondicionamento dunha zona verde na faixa de terreo de 8000 metros que transcorre paralela á beirarrúa. 

Comentarios
Lo más