miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xornada de portas abertas no Museo do Colexio de Educación Infantil e Primaria do Camiño Inglés en Sigüeiro

Xornada de portas abertas no Museo do Colexio de Educación Infantil e Primaria do Camiño Inglés en Sigüeiro
Xornada de portas abertas no Museo do Colexio de Educación Infantil e Primaria do Camiño Inglés en Sigüeiro

As visitas serán guiadas polo historiador Manuel Pazos, quen aportou gran parte da colección

O Concello de Oroso organiza o vindeiro venres 27 de agosto unha xornada de portas abertas no Museo do Colexio de Educación Infantil e Primaria do Camiño Inglés en Sigüeiro (Oroso). Este museo, que xurde da colaboración entre o centro e o Concello de Oroso, busca poñer en valor o patrimonio social y cultural local, a través dunha mostra arqueolóxica, etnográfica e fotográfica.

O horario da exposición será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Non é necesario inscribirse previamente para acudir as xornadas. Durante a actividade, as visitas serán organizadas en función do número de asistentes e respectando en todo momento as normas sanitarias vixentes.

As persoas que acudan á visita poderán coñecer de primeira man as seccións de etnografía, arqueoloxía, fotografía e centos de pezas de todo tipo que forman parte da historia e da cultura de Oroso.

O historiador Manuel Pazos Gómez será o encargado das visitas guiadas dirixidas a todo tipo de público. As pezas que se mostran no Museo pertencen na súa maioría á propia colección do historiador.

A Asociación Cultural “Obradoiro da História” e o Concello de Oroso emprazan á cidadanía a visitar este espazo único de interese histórico que mostra, a través de múltiples recursos, como se desenvolvía a vida dos antepasados, desde a época das medorras até a actualidade.

“É moi necesario coñecer a nosa historia, as nosas orixes e como era no pasado o noso municipio. Contar cunha colección como a deste museo é unha auténtica oportunidade de descubrir máis sobre nós e a nosa contorna”, subliña Luis Rey, alcalde de Oroso. 

Comentarios
Lo más