A semana comeza con calor en Compostela
08:00 23/08/21
08:00 23/08/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 30 graos
O luns Galicia queda na influencia das altas presións situadas ao norte da Comunidade, o que favorecerá a entrada de aire cálido desde o sur peninsular. Así, agárdase unha xornada de ceos despexados en xeral, con nubes no extremo norte. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará moderado do nordés, fortes entre Bares e Fisterra.
En Santiago, `prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas, ocasionalmente con nubes e claros. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que ascenderán lixeiramente, a pesar de que oscilarán.