miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cortes en distintas rúas por mor de traballos de reparación do firme

Cortes en distintas rúas por mor de traballos de reparación do firme
Cortes en distintas rúas por mor de traballos de reparación do firme

Durante a vindeira semana

Durante a vindeira semana vanse realizar traballos de fresado e aglomerado en distintos puntos da cidade. Nalgúns casos só será preciso ocupar un carril, mentres que noutros será necesario o corte total da calzada.


- O martes 24 de agosto, dende as 8,30 ata as 20,00 horas, as obras van afectar ao cruzamento da Costa de San Francisco coas rúas de Entrerríos e Domingo García-Sabell. Prohibirase a entrada a este punto dende a rúa de Galeras e sinalizarase o corte no cruzamento de Xoán XXIII coa avenida do Burgo das Nacións para desviar os vehículos por esta última. Procederase tamén ao corte total na esquina da Facultade de Medicina coa Costa de San Francisco para que os vehículos saian pola avenida de Xoán XXIII.

- O mércores 25 e o xoves 26 o corte de tráfico afectará á rotonda inferior da SC-11 que dá acceso a Lamas de Abade e á rúa de Antón Vilar Ponte, en horario de 15,00 a 18,00 horas os dous días. Neste tempo non haberá circulación e os vehículos deberán transitar polos desvíos alternativos a este punto.

- Nas rúas da Choupana, Irmandiños e Salgueiriños de Arriba realizarase paso alternativo de vehículos. 
Comentarios
Lo más