miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Nova cita con "Noites de Cine" este venres en Lousame

Nova cita con "Noites de Cine" este venres en Lousame
Nova cita con "Noites de Cine" este venres en Lousame

Coa película “A galiña Turuleca”

O Concello de Lousame acollerá na Casa da Cultura este venres, 20 de agosto, ás 22:00 horas, a segunda “Noites de Cine”, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

A película elixida é “A galiña Turuleca ”, filme de animación que fíxose co Premio Goya a Mellor Película de Animación no 2020. Está dirixida por Eduardo Gondell e Víctor Mingote. Unha comedia infantil para desfrutar en familia con esta galiña singular.

É preciso reservar a praza para esta sesión de cine en bandoticket.

A seguinte cita co Noites de Cine será o venres, 27 de agosto, co drama “The Way”, dirixida por Emilio Estévez e con unha gran interpretación do actor Martín Sheen. Esta cinta trata sobre o Camiño de Santiago.

Comentarios
Lo más